A:.G:.D:.G:.A:.D:.U:.

LIBERDADE * IGUALDADE * FRATERNIDADE


Saludo do Noso Venerable Mestre


 

Como Venerable Mestre desta Respectable Loxia, Renacemento nº 54, nos Vales da Coruña, traballando baixo os auspicios da Gran Loxia de España, é un alto honor ser anfitrión daqueles visitantes que nos fan mercé de interesarse polo noso espacio masónico virtual.

A Masonería, institución multisecular, coñeceu fases diversas nas que adaptou a súa metodoloxía elaboradora do pensamento ás vicisitudes da evolución dos pobos e as sociedades. Por iso hoxe, como ferramenta útil á difusión do coñecemento, acollémonos  á maxia da cibernética como mecanismo para compartir reflexións, iniciativas e traballos nun proceso, outrora inimaxinable, que nos permite levar a todos os confíns da Terra os nosos valores tradicionais así como os principios morais que os informan.

A expansión dos valores máis nobres do home e a súa participación na orde universal teñen en Internet, coa súa tecnoloxía propicia ao intercambio do coñecemento e as ideas en tempo real, un soporte idóneo. Conceptos como distancia, tempo, fusos horarios, censura, etc., alteráronse de forma espectacular nun ciberespacio sen fronteiras.

Mercé a iso o noso saúdo fraterno á vez que as nosas reflexións e trazados, labrados baixos os auspicios da nosa Augusta Orde no seo da Gran Loxia de España, poden no seu voo facerse presentes en calquera punto do planeta. Por iso, alá onde nos visitedes, recibide á vez que o noso agradecemento, o noso abrazo fraterno.

Como galegos, pobo que do Mar Ártabro fixo hábito e camiño, un moi especial afecto cara ás Repúblicas irmás do Continente Americano. Terras enraizadas nos nosos corazóns por lazos de sangue, traballo e historia. Caso idéntico ao dos irmáns da República de Portugal que connosco comparten a maxia das ribeiras do Pai Minho ou a raia seca ou un idioma moitísimo de común na súa dozura e beleza.

Nunha sociedade presidida polo hedonismo insolidario, queixada dunha desmedida ansia de bens materiais, onde a harmonía do humanismo está en risco, os masóns galegos, desde A Coruña, en paralelo ao resto dos masóns esparexidos pola face da Terra, cinguimos os nosos mandís - símbolo do traballo emancipador e da nosa pureza de ánimo para que, con perseveranza e altruísmo xenerosos, ofrecer ao xero humano o noso esforzo a favor do desenvolvemento social positivo cimentado nos principios democráticos de tolerancia, igualdade, solidariedade e alentados pola cultura, a liberdade intelectual e a perfección moral como metas determinadas.

O noso compromiso como masóns galegos e coruñeses non é senón o compromiso fraterno da Masonería Universal. Unha procura permanente da superación persoal encarreirando as potencialidades individuais cara ao ben común. A filosofía masónica enlaza nas súas chanzas o ensino habido dos avatares que nos diversos fitos históricos se cernaron sobre o home e o seu escenario colectivo e que deviñeron en novas formas de pensamento e superación que procuraron a evolución dos pobos cara a un nivel superior de Liberdade, Igualdade e Fraternidade.

 Ofrecemos esta páxina como fogar e acomodo do latexado do pobo masónico, coruñés, galego e universal. Desde esta Escuadra extrema do Noroeste Ibérico, cuxos brazais Cántabro e Ártabro converxen no vector mítico do Finesterrae iluminado pola Luz iniciática do "Camiño de Saint-Yago", o noso Taller e os seus obreiros contribuirán, no seu grado e condición, á construcción dunha Masonería Universal enriquecida polo coñecemento e a ritualidade, operativa no seu simbolismo.

Desde a nosa modestia ofrecémonos como canle permanente entre masóns e profanos, Corpos Masónicos, Loxias e Obediencias, desde a regularidade e baixo o maxisterio e dependencia da Gran Loxia de España, para fortalecer o lazo místico da Fraternidade Universal.

  Ao tempo, como obra humana mellorable, demandamos a vosa suxestión e achegas. Co maior afecto atenderemos as vosas inquedanzas e acolleremos as vosas reflexións e trazados.

  Informar e ilustrar, especialmente a aqueles que desde o mundo profano mostran o seu interese por nós, é tamén tarefa primordial desta páxina.

  Todo calor e apoio que recibamos para levar adiante a nosa tarefa será ben recibido neste traballo comprometido lealmente ao servicio da Augusta Orde e da Fraternidade Universal.

Recibide o noso saúdo fraternal.

 


Subir