|
|
A:.G:.D:.G:.A:.D:.U:.
LIBERDADE * IGUALDADE * FRATERNIDADE |
|
Algunhas Reseñas Históricas
R:.L:. Renacemento nº 54
É a primeira vez que saímos a Internet. Pero fai tempo que estamos aquí. Primeiro como Masóns Operativos, é dicir, como creadores, constructores de catedrais e outros nobres edificios; constituíndonos no que se coñecía como Franc-Masonería Operativa.
Será a partir de 1724 e das Constitucións de Anderson, primeiro en Europa e posteriormente en América, cunha presencia universal a día de hoxe, no que chamamos Francmasonería Especulativa.
A Francmasonería ten presencia en Galicia con dous militares: o Coronel Diego Manrique e o seu irmán o Tenente Coronel Juan Manrique, iniciados en Xenebra (Suíza) na década de 1740-1750, aproximadamente. E como Loxia a primeira de moitas foi a Loxia Constitucional da Reunión Española, en marzo de 1814, entre cuxos membros estaba o Capitán Xeral do Reino de Galicia, Esmo. Sr. D. Luís Lacy.
Relación de Loxias Históricas Galegas
En A Coruña capital tenemos referencias de las siguientes Resp:. Logias:
Los Amigos del Orden (1817)
Rosalía nº 10 (1868)
Paso Herculano nº 44 (1871)
Brigantina, nº 24 (1886-1895)
Fraternidad VIII nº 232 (1887-1892)
Progreso nº 39, (1892)
Emancipación (1895)
El Fraternal 79 (1888-1899)
Triángulo Garibaldi nº 15 (1891-1893)
Hijos del Trabajo nº 175 (1893-1894)
Méndez Nuñez (1892)
María Pita nº 317 (1893-1895)
Gallaecia nº 408 (1919-1923)
Suevia nº 4 (1925-1934)
Celta (1929)
Curros Enríquez nº 9 (1929-1932)
Hércules (1936)
Pensamiento y Acción nº 11 (1932-1936)
e Renacimiento Masónico nº 18 (1935-1936) da que é herdeira directa, a nosa actual Loxia, ata por ter Irmáns que estiveron na fundación da primeira e de Renacimiento nº 15, que foi a antecesora e nai de todas as Loxias de Galicia das dúas últimas décadas do século XX, na que brillan con Luz propia as Loxias de Santiago de Compostela, Luz Compostelá e Curros Enríquez e en Vigo a Loxia Atlántica e Renacimiento Olívico. É de apuntar así mesmo a existencia dun Capitulo do Arco Real (Galaico, nº 14), dependente da Gran Loxia de España.
Ver outras Loxias Galegas (1814-1936)
Biografías de Masóns Ilustres Galegos
Breve informe (meramente indicativo) sobre galegos de nación ou fillos de tales que foron elementos destacados na masonería do Uruguay.
Nota: Agradecemos ó investigador galego Xose María Monterroso Devesa-Juega,
profundo coñecedor da historia do Uruguai, esta colaboración que nos facilitou para a páxina web.
Relación de Masóns Galegos (1900/36)
Relación alfabética de masóns que, entre 1900-1936, traballaron nos Triángulos e Loxias galegas (fose cal fose o seu lugar de nacemento) ou que, sendo galegos de nación, traballaron noutras Loxias españolas.
Incluimos na relación o nome de pila, o nome simbólico (cando o coñecemos), o grado máis alto que ostentou e, en secuencia cronolóxica, as Loxias, Capítulos ou outros organismos masónicos aos que estivo vinculado (ben por ser iniciado, exaltado de grado, traballar nela, ser garante de paz e amizade, etc.).
Figuran ao final da relación as fontes e bibliografía utilizadas. html pdf
Documentos Históricos Masónicos
Regulamento redactado polos I:.I:. Henry Jermyn, Jhon Denham, Christoph Wen e Jhon Wel (27 de dicembro 1663) html pdf
Acta Fundacional da R:.L:.S:. Concordia Universal nº14, baixo Xurisdición da Grande Loxia do Perú (entregada como mostra de fraternidade a esta Resp:. Loxia Renacimiento nº 54, Gracias I:.I:.) (1849) html pdf
Grandes Constitucións concordadas coa que se promulgou no Congreso Escocés de Lausana en 1875 (1786) html pdf
Institutas da Confederación Masónica do Rito Escocés Antigo e Aceptado. html pdf
Miscelánea