|
|
A:.G:.D:.G:.A:.D:.U:.
LIBERDADE * IGUALDADE * FRATERNIDADE |
|
Algunhas Cuestións Frecuentes
¿Qué é, en realidade, a Masonería?
A Francmasonería ou Masonería, (con mais de 400 anos de historia documentada), está formada por homes libres na súa vida persoal, no seu pensamento e nas súas accións, que se reúnen en foros privados chamados Loxias.
A Francmasonería é unha Institución Internacional formada polas Grandes Loxias de cada País. Cada Gran Loxia Nacional esta á súa vez formada por Loxias ou Talleres xeralmente de 20 a 30 persoas. É unha forma de sociabilidade nos diversos modos de concibir ao individuo, ás relacións entre a persoas e á súa interacción coa sociedade.
Dotouse ao longo dos séculos dunha serie de Principios Fundamentais dos cales destacariamos como moi importantes:
Principio de Igualdade:
Responde á nosa convicción de todos os seres humanos nacen polo feito de selo, cos mesmos dereitos e deberes. En liberdade. Este é un principio que a miúdo estivo ameazado na nosa sociedade moderna. Por iso, as dictaduras de calquera signo non poden tolerar á Francmasonería e viceversa.
Principio de Liberdade:
O masón é libre na Loxia libre. Ninguén lle obriga a entrar na Francmasonería nin ninguén lle impedirá a súa saída. Entre nós, os francmasóns chanceamos ás veces con esta cuestión cando se nos acusa de sectarios. De feito é moito mais fácil "saír que entrar..". Non hai un pensamento imposto, excepto aquilo en que os francmasóns estamos de acordo: a claridade, o rigor, ás opinións dos outros "irmáns"; xa que iso somos ou debésemos ser.
O francmasón é libre na loxia libre e obrígase ao seu constante perfeccionamento - vía interior- polo ben de sé mesmo e da sociedade na medida das súas posibilidades e sen a necesidade de abandoar os seus deberes para consigo mesmo, a súa familia, a súa comunidade e o seu país.Principio de Fraternidade:
O masón faise na loxia e na vida diaria. O respecto polos seus irmáns en loxia non é menor que o compromiso que na vida diaria debe ter "traballando incansablemente polo ben da humanidade". Por iso, nada humano nos é alleo.
¿Qué se precisa para ser masón?
Ser maior de idade.
Ter un domicilio no Estado no que se tramite a adscrición á súa Loxia de referencia.
Ser un home libre, de boa reputación e capaz de tomar decisións por se mesmo.
Ademais, e para facer fronte a certas obrigas pecuniarias, debe dispoñer da indispensable solvencia económica.
¿Qué quere dicir "Orde Masónica"?
Pode considerarse como Orde Masónica a cada variante ou facción da Irmandade que posúe unha interpretación dos principios masónicos diferente das outras. Isto non ten que ver cos distintos Ritos que existen en Masonería, xa que existen Loxias de distintas Ordes que traballan no mesmo Rito e viceversa.
¿Pódese coñecer mellor a vosa Orde?
Sen dúbida. Estanse facendo en España grandes esforzos por disipar as crenzas e rumores equivocados, e ás veces interesadamente negativos, estendidos en relación á Masonería. Nada hai en Masonería que poida perxudicar as Leis dun Estado democrático moderno. De feito, en todos os estados democráticos a Masonería é unha Institución querida, respectada, apoiada e tida en conta precisamente polo seu labor cultural, social e filantrópico; e ser masón é unha garantía de intachable reputación ante calquera estamento da sociedade.
¿É a Masonería unha Relixión o un Partido Político?
Decididamente non e non. Non é unha Relixión, porque se respecta a crenza individual e persoal de cada masón na Loxia e fóra dela. Por exemplo non é estraño que nas Loxias de países cunha marcada pluralidade relixiosa convivan harmónicamente en Loxia, irmáns de diferentes Credos relixiosos que non ven na Fraternidade un obstáculo á súa crenza persoal. O mesmo diriamos dos Partidos Políticos. No entanto en Loxia non esta permitido o debater sobre posicións políticas ou relixiosas xa que ese non é o lugar adecuado para facelo. A Masonería é un conxunto de pensamentos, crenzas e accións nas cales e basicamente, todos os seres humanos de boa vontade estarían de acordo.
¿É a Masonería antirrelixiosa?
A Masonería non ten unha posición orientada a favor ou en contra de ningunha relixión ou crenza determinada. En Masonería cada un ten liberdade de conciencia, especialmente no relixioso. Na nosa Loxia por exemplo conviven irmáns de diversas crenzas con irmáns que son escépticos. De todos os xeitos os Masóns Regulares cren nun principio organizador un Primum Movens que adoitan denominar a través dos séculos, escritos e tradición masónica, como "O Gran Arquitecto do Universo".
¿É a Masonería unha sociedade secreta?
Non, tanto en canto entendamos "secreta" como sinónimo de "clandestina". Pero si pode ser considerada, do mesmo xeito que moitas outras, unha sociedade discreta que trata os seus asuntos particulares de portas a dentro.
Convén aclarar, tamén, que a decisión de facer pública ou manter en "segredo" a súa pertenza á Masonería, é unha cuestión persoal e un dereito de cada masón.
En todo caso as Autoridades de cada Estado Democrático coñecen a existencia da Masonería e de masones no seu Territorio; tal é o caso do Estado Español.
¿É a Masonería unha secta?
Non. Unha actitude sectaria é xustamente o contrario do que se persegue en Masonería. A liberdade de opinión, de reunión, de expresión e de acción a nivel individual e social non son cuestionados, como o fai calquera seita. Ademais as posicións oficiais da Masonería son o que son e non o que algúns lles gustaría que fosen. A primeira proba de que a Masonería non é unha seita é que non fai proselitismo, non busca adeptos. Tampouco nos gusta moito a publicidade das nosas accións, o que non quere dicir que non sexan transparentes. Tal é o aspecto filantrópico da Masonería.
Masonería Regular ou Irregular. Diferencias.
Iso é o expoñente de que hai unha gran confusión a cerca desta cuestión. Existen diversas Organizacións cunha clara traxectoria masónica (Grande Loxia Simbólica de España, por exemplo) pero que non son regulares por que non cumpren os Principios de Regularidade Masónica nin acatan a Regra dos 12 Puntos. A Masonería Regular só recoñece unha Grande Loxia por Estado. En España, a Regularidade Masónica é representada pola Grande Loxia de España. Isto quere dicir que calquera masón, pertencente a unha Loxia Regular, será recoñecido e aceptado como tal polos seus Irmáns de calquera outra Loxia Regular do mundo, coas vantaxes e prerrogativas que diso se derivan, ao tempo que ten prohibido participar nos traballos masónicos de Loxias non regularizadas. Por outra banda, conven alarar que tamen existen diversos Movementos e Organizacións pseudomasónicas que imitan a estructura e funcionamento das Loxias debidamente constituídas, sexan istas Regulares ou non, pero cuxos principios e obxectivos nada teñen que ver cos daquelas. Tal é así que a principal diferencia entre unha Loxia Masónica (Regular ou non) e calquera outro grupúsculo que se autonomea como masónico estriba en que, mentres que as primeiras réxense por Códigos comúns a todas elas en calquera país do mundo e comparten as mesmas Tradicións e Ritos, iguais Valores e semellantes Obxectivos; os segundos non teñen, na maioría dos casos, máis meta que a ambición, nin mais regras que as axeitadas ao proxecto particular, do "iluminado" que os dirixe.
¿Existíu o complot XUDEO-MASÓNICO-MARXISTA?
Non é unha pregunta fácil de contestar. A proba diso é que se ese complot existise, os francmasóns, en España, non terían que pagar un alto prezo polo feito de selo. O Arquivo Histórico Nacional na súa Sección da Masonería (non esquezamos, por que desexamos que non se repita nunca mais, que existiu un Tribunal Especial para a Represión da Masonería, do mesmo xeito que non esquecemos que existiron, i existen, os campos de concentración nos réximes totalitarios) tiña catalogados ao redor de 80.000 fichas de masóns, cando probablemente en España e iso están de acordo todos os Historiadores da Masonería, non pasaban de 10.000.
Moitos pagaron un alto prezo en vidas, facendas e posición social. Os seus locais e bens persoais foron confiscados. É unha débeda histórica que a Masonería española non debe esquecer. Esta é a proba de que o complot nunca existiu...
Non é licito en loxia a conspiración contra o Réxime legal e democrático que existe nun Estado. Se algúns Irmáns Masóns ocupan cargos de responsabilidade ou son líderes nalgún área da Administración éo pola súa capacidade de traballo, méritos persoais, liderado, etc. Non debemos presumir en Masonería. É certo que existiron e existen persoas de notables capacidades na Política, Finanzas, Belas Artes, Ciencias, etc. (poderiamos escribir miles de nomes que honraron á Masonería coa súa pertenza e bo facer). Seguramente atopárdelos en calquera páxina.
A nós parécenos pouco ético dar a impresión de que en Masonería todos son xenios, pois non sería a verdade. foron persoas notables que destacasen sendo masóns ou non. O que se é certo é que nas Loxias tiveron sempre un espacio aberto ao dialogo e nas Loxias iniciáronse debates que logo levaron á Declaración de Dereitos Humanos, á creación de teorías científicas, de Espacios de reflexión e creativos, de Institucións plurinacionales, etc. O espírito é claro : traballar incansablemente polo perfeccionamento dun mesmo e a mellora da sociedade. Polos seus feitos coñecerédelos...