A:.G:.D:.G:.A:.D:.U:.

LIBERDADE * IGUALDADE * FRATERNIDADE


Sé Benvido


 

Se chegaches ata nós, e segues lendo, é por que queres saber .

Perfecto e lexítimo.

 

 

Na era da comunicación e da globalización, as Organizacións Masónicas nin queren, ni deben, permanecer á marxe do fluxo informativo nin ó dereito ó saber e ó coñecemento que teñen todos os individuos que o desexen. Por iso, a partir de agora e dende esta páxina, ofrecémosche a información que poida permitirche, dende a íntima reflexión, madurar a túa opinión a cerca da nosa Sociedade.

Busca e atoparás.

 

 

Sobre a Masonería existen demasiados tabús, no alleos ó seu propio desenrolo nos diversos países e momentos históricos e culturais. Se desexas afondar, podes facelo.

Pregunta e se che responderá.

 

 

Agora só depende de ti. A túa opinión pódese manter igual, evolucionar, mudar e, incluso, desexar, como en moitos casos, un contacto máis persoal. Si ese é o teu caso, a porta está entreabrida dende agora mesmo.

chama e se che abrirá...

 

 


subir