A:.G:.D:.G:.A:.D:.U:.

LIBERDADE * IGUALDADE * FRATERNIDADE


Argot Masónico


 
  • VOCABULARIO RITUAL MASÓNICO

    • A

      • ABATIR COLUMNAS: Peche dunha Loxia.

      • ACACIA: Símbolo masónico da inmortalidade da ánima, debido ó seu verdor renovado e persistente no medio das areas desérticas.  Significa, tamén, a inocencia i é o símbolo da Iniciación.

      • AERÓPAGO: Taller do Grado 30.

      • AFILIACIÓN: Adhesión dun masón a unha Loxia distinta daquela na que se iniciou.

      • ÁGAPE: Banquete fraternal co que remata a Tenida da Loxia.

      • ALZAMENTO DE COLUMNAS: Cerimonia de inauguración dunha Loxia.

      • APLOMAR: Información levada a cabo por tres mestres sobre os profanos que solicitan ser iniciados.

      • ARA: Mesa situada diante do Venerable Mestre, sobre a que están situadas as tres Grandes Luces, é dicir, o Volumen da Lei Sagrada, o Compás e a Escuadra. Diante da Ara os novos iniciados  prestan xuramento.

      • ARTE REAL: Nome dado á Masonería considerada como unha ascesis e un ideal de vida.

      • ATRIBUTO: O mandil, cordón e demáis emblemas que cambian segundo o Grado ou a función exercida na Loxia ou na Obediencia.

      • AUMENTO DE SALARIO: Paso a un Grado superior.

    • B

      • BALAUSTRE: Documento redactado polos Altos Grados.

      • BANQUETE BRANCO: Banquete masónico ó que son admitidos os profanos.

      • BANQUETE RITUAL: Banquete organizado en cada Loxia segundo o ritual establecido para San Xoan no verán y San Lourenzo no inverno.

      • BARRICA: Térmo que no banquete masónico designa a botella.

      • BATERÍA: Rito masónico que consiste en golpear coas mans segundo un ritmo que difere con cada Grado. Este rito, descoñecido nas Loxias anglosaxonas, é sobre todo, practicado no Rito Escocés Antigo e Aceptado, e no Rito Escocés Rectificado.

      • BATERÍA (triple): Aplauso ritual.

      • BÓVEDA DE ACEIRO: Homenaxe rendida no Templo masónico, polos Irmáns alineados coas espadas no alto entrecruzadas, a un dignitario ou a un visitante eminente.

    • C

      • CÁMARA DE REFLEXIÓN: Lugar onde queda encerrado, en solitario, o profano que debe iniciarse para que medite sobre o paso que vai dar.

      • CADEA DE UNIÓN: Unión de todolos masóns que se encontran na Loxia, colléndose das mans os uns ós outros. Con ela represéntase a unión e a solidaridade que deben unir a todolos membros da Orde.

      • CÁMARA DO MEDIO: Loxia que traballa no Grado de Mestres.

      • CANÓN: Térmo que, nos banquetes rituais, designa o vaso.

      • CAPITACIÓN: Cotización anual debida polo francmasón á súa Loxia e Obediencia.

      • CARGAR: Enchelos vasos nun banquete  ritual.

      • CARTA: Título de Constitución dada por unha Obediencia a unha Loxia e que garante a súa regularidade.

      • CATECISMO: Manual que contén as ensinanzas masónicas para cada grado.

      • CÁTEDRA DO REI SALOMÓN: Sede ocupada na Loxia polo Venerable Mestre.

      • COLOQUIO: Debate organizado sobre temas concretos entre especialistas masóns e profanos.

      • COLUMNAS: Designa, no primeiro lugar, as dúas columnas simbólicas J e B situadas na entrada da Loxia, a semellanza das que Hiram colocóu diante do vestíbulo do Templo de Xerusalem, según consta na Biblia (I Reis, 7, 21-22). Tamén significa o sitio que ocupan os masóns na Loxia, segundo estean ó lado dunha ou outra columna.

      • COMPÁS: Segunda das Tres Grandes Luces da Masonería, representa a Igualdade. Tamén simboliza o coñecmento interior, la espiritualidade e a universalidade.

      • CONSAGRACIÓN: Acto solemne de constitución dunha Loxia.

      • CONSISTORIO: No Rito Escocés Antigo e Aceptado, o Taller dos Grados 31 e 32.

      • CONTRASINAL: Xeito de recoñecemento manual entre francmasóns.

      • CONVENTO: Asemblea anual de todolos deputados das Loxias dunha mesma Obediencia.

      • CADRO DE LOXIA: Censo dos membros dunha Loxia.

    • D

      • DESPOXAR DOS METAIS: Rito practicado en toda-las Obediencias masónicas do mundo. Simboliza o estado de nudez do candidato profano no primeiro Grado do R:. E:. A:. A:. Os metais simbolizan as pasións do mundo profano, que non deben entrar na Loxia. No 2º grado, do Rito Rectificado, os metais simbolizan os vicios. Finalmente, na linguaxe masónica, os metais finaron por designar o diñeiro.

    • E

      • ESCOCISMO: Francmasonería dos Altos Grados, inspirada na tradición cabaleresca.

      • ENCOSTA: Investigación ordenada polo Venerable Mestre sobre a vida e costumes dos candidatos a masóns.

      • ESCUADRA: Terceira das Tres Grandes Luces que iluminan a Loxia. Simboliza a rigurosa equidade e constante conciliación entre as oposicións necesarias que existen na Loxia.

      • ESPADA FLAMÍXERA: Espada entregada ó Venerable Mestre da Loxia o día da sua Instalación. A folla é sinuosa e representa o lume do ceo. Nas mans do Venerable Mestre smboliza a potencia espiritual.

      • ESPERTARES: Volta á actividade masónica d un francmasón ou dunha Loxia en soños.

      • EXPERTO: Oficial da Loxia encargado de identificar ós visitantes, recoller os escrutinios e reemplazar a todo oficial ausente.

    • G

      • G: Para os masóns é a letra sagrada inscrita no centro da escuadra. Para alguns masóns é a primeira letra da verba inglesa God (Dios); para outros provén do termo xeometría, sendo o símbolo da arte da arquitectura. A gnosis, o xenio e a gravitación solen ser, tamén, interpretacións deste símbolo.

      • GABINETE DE REFLEXIÓN: Gabinete no que se encerra ó profano antes da súa Iniciación, para meditar ante un certo número de símbolos. É alí onde debe, tamén, redactar  o seu testamento filosófico.

      • GRADOS: Niveis que se han de percorrer para alcanzar o coñecemento masónico.

      • GRANDE ARQUITECTO DO UNIVERSO (G:.A:.D:.U:.): Símbolo de Deus para alguns masóns; o principio creador para outros; para todos a Lei.

      • GRANDE CANCELER: Grande Oficial que, en algunhas Obediencias, ten a responsabilidade das relacións coas Obediencias estranxeiras.

      • GRANDE COMENDADOR: Alto dignatario que preside un Supremo Consello.

      • GRANDE LOXIA: Obediencia Masónica.

      • GRANDE MESTRE: Suprema autoridade nunha Obediencia.

      • GRABAR: Na linguaxe masónica significa escribir.

    • H

      • HARMONÍA (columna de): Música que se fai soar durante a Tenida, en momentos de especial solemnidade.

      • HIRAM: Dos tres persoaxes que con este nome son evocados na Biblia, o que os masóns de todas as épocas e de todos os Ritos consideran como o Mestre dos mestres era un home de Tyro, fillo dunha viuda da tribo de Neftalí, que o seu rei enviara a Salomón para a construción do templo de Xerusalem. Deste orfebre famoso, a lenda simbólica da Masonería fixo un arquitecto. Esta lenda inspira sobre todo unha das cerimonias rituais máis fermosas da masonería, a saber, o paso dun compañeiro a mestre. Verdadeiro psicodrama, esta cerimonia reconstrúe o asasinato do mestre Hiram no templo de Xerusalem por tres compañeiros descontentos; a procura do seu corpo polos mestres desconsolados; o descubrimento da acacia plantada no lugar en que fora enterrado; e finalmente o seu resurrección en cada un dos irmáns elevado á dignidade de mestre. Parece ser que esta lenda provén dalgún misterio representado nas ghildes da Idade Media.

    • I

      • IRMÁN: Título co que se distinguen os membros da Francmasonería.

      • IRMÁN DE TRES PUNTOS: Sobrenome dado frecuentemente ó masón no mundo profano.

      • IDADE: Grado Masónico.

      • INICIACIÓN: Cerimonia ritual por medio da cal o profano é admitido na masonería.

      • INSTALACIÓN: Cerimonia ritual pola que queda regularizada unha Loxia. Tamén se di de toma de posesión dos oficiais da Loxia que ten lugar cada ano.

      • IRRADIACIÓN: Exclusión dun irmán xulgado indigno ou que non respectou os seus compromisos.

    • L

      • LANDMARKS: Un Landmark non é nin un símbolo, nin unha alegoría, senón unha regra. Pódense definir como regras de conduta que existiron desde tempo inmemorial (xa sexa en forma de lei escrita ou de tradición oral) e que son coesenciales coa Sociedade masónica, de forma tal que, na opinión da maioría, son inmutables, e todo masón está obrigado a conservar intactas, en virtude dos seus compromisos máis solemnes e inviolables.

      • LATOMO: Do latín Latomus, significa albanel ou masón.

      • LIBRO DE ARQUITECTURA: Libro de actas dunha Loxia.

      • LOXIA: Lugar onde se reúnen os masóns. A imitación das Loxias operativas dos constructores de catedrais están orientadas como as mesmas catedrais. A porta atópase no occidente; o Venerable Mestre sitúase no oriente, e os compañeiros no sur, cos mestres. Unha Loxia, presidida por un Venerable Mestre, debe contar polo menos sete mestres para ser regular. Reúnese sempre nun templo cuberto e pechado.

      • LOVETÓN: Fillo de francmasón presentado por seu pai á Loxia.

      • LUCES: As Tres Luces que deben presidir a Loxia nas súas Tidas: Volume da Lei Sagrada, a Escuadra e o Compás.

      • LUVAS BRANCAS: Símbolos da pureza. En numerosas Loxias os irmáns deben levalos obligatoriamente no templo.

    • M

      • MANDIL: Delantal usado polos masóns na Loxia . A súa decoración varía segundo o grado.

      • MALLETE: Martelo con dúas cabezas, de madeira ou de marfil. Na Loxia é o atributo do Venerable Mestre e dos dous Vixiantes.

      • MALLETES BATENTES: Honra coa que son recibidos no tempo os dignatarios.

      • MASÓN: Home iniciado na masonería que mantense no Nivel, actúa sobre a Escuadra, i é a Verdade o seu Compás, polo cal mantense na Plomada.

      • MEDALLAS PROFANAS: Diñeiro.

      • METAIS: Signos externos de riqueza e das pasións humanas.

    • O

      • OBEDIENCIA: Federación de Loxias que aceptan unha mesma autoridade.

      • OBLIGACIÓN: Compromiso tomado baixo xuramento ó neófito na cerimonia de Iniciación.

      • ÓBOLO: Esmola entregada por cada masón ó rematar a Tenida para as obras de caridade.

      • OBREIROS: Membros activos dunha Loxia.

      • OFICIAL: Mestre masón encargado na Loxia dunha responsabilidade particular.

      • ORDEN: Sinónimo da Francmasonería universal.

      • ORIENTE: Lugar onde se atopa o Venerable Mestre nunha Loxia. Lugar ou poboación onde se ubica unha Loxia.

      • ORIENTE ETERNO (pasar ó): O situado máis alá da morte (morrer un masón).

    • P

      • PALABRA DE SEMESTRE: Variante de palabra de pase transmitida cada seis meses pola Obediencia a todalas súas Loxias.

      • PALABRA SAGRADA: Palabra de recoñecemento propia de cada grado.

      • PASAPORTE: Documento masónico, emitido pola Obediencia, que permite a un masón facerse recoñecer polos seus Irmáns nun país extranxeiro.

      • PASALA PALETA: Expresión masónica que significa perdoar a un Irmán a ofensa feita.

      • PASE BAIXO VENDA: Interrogatorio que fan ó profano que quere iniciarse en masonería cos ollos vendados.

      • PASOS: Pasos rituais que se dan en cada grado.

      • PASOS PERDIDOS: Antesala da Loxia.

      • PATENTE: Carta constitutiva entregada por unha Obediencia a sete mestres masóns que os autoriza a crear unha nova Loxia.

      • PEDIR TRABALLO: Pedilo uso da palabra.

      • PEDRA DE FUNDACIÓN: Primeira pedra dun templo masónico cuxa colocación da lugar a unha cerimonia ritual particular.

      • PEZA DE ARQUITECTURA: Plancha ou traballo escrito que le un Irmán durante a Tenida.

      • PLANCHA: Refírese a todo traballo escrito, ben trátese dun discurso, de correspondencia, etc.

      • PLANCHA DE QUITE: Documento mediante o cal un masón pide a baixa nunha Loxia.

      • PÓLVORA: Significa a bebida nos banquetes masónicos. Segundo a cor designa unha ou outra. Así a pólvora branca é o viño; a débil, a auga; a moi branca, o viño tinto; a fulminante, os licores; a amarela, a sidra, ou a cervexa...

      • PROCESO VERBAL:  Acta dunha Tenida de Loxia redactada polo secretario, e aprobada polo conxunto dos mestres tralas observacións do Orador.

      • PROFANO: Persoa non iniciada. Aplícase igualmente a todo o que é alleo á Masonería.

      • PROBAS: Viaxes simbólicas efectuadas polo neófito durante a cerimonia de Iniciación.

    • R

      • RECIBILA LUZ: Ser iniciado.

      • RITO: Conxunto de grados masónicos formando un todo coherente. Conxunto de regras que fixan o desenvolvemento e as formas do traballo na Loxia.

    • S

      • SACO DE PROPOSICIÓNS: Bolsa na que, ó rematar a Tenida, os Irmáns poden depositalas proposicións que desexen facer en interese da Loxia.

      • SALARIO: Grado alcanzado na masonería.

      • SERENÍSIMO: Título dado ó Grande Mestre .

      • SINAL DE APURO: Signo particular, coñecido sólo polos mestres masóns, que lles permite chamar ós seus Irmáns na súa axuda.

      • SINAL DE RECOÑECEMENTO: Sinal que permite a un masón facerse recoñecer como tal.

      • SINAL DE ORDEN: Signo simbólico do grado no que traballa o Taller.

      • SIMBÓLICO (nome): Pseudónimo adoptado por un irmán no momento da súa Iniciación e polo que se lle recoñecerá no futuro nos seus traballos simbólicos.

      • SOÑOS: Estado no que se atopa un francmasón ou unha Loxia que interromperon o seu traballo masónico regular sen perder, con todo, os seus dereitos masónicos.

      • SUPREMO CONSELLO: Potencia masónica que dispón da xurisdición sobre os Talleres do 4.° ó 33.° grado (polo tanto non nas Loxias azuis).

    • T

      • TALLER: Nome dado en masonería a todos os corpos iniciáticos, xa se trate das Loxias que traballan nos tres primeiros grados, ou de entidades constituídas polos grados superiores.

      • TEMPLO: Para o masón, en primeiro lugar é o ideal a realizar: o templo de Salomón que xamais se acabará de construír. Tamén é o local no que se reúne a Loxia.

      • TENIDA: Xuntanza de traballo dunha Loxia.

      • TENIDA BRANCA ABERTA: Tenida masónica na que son admitidos oíntes profanos.

      • TENIDA BRANCA PECHADA: Tenida masónica na que un conferenciante profano fala diante dunha asistencia que está integrada exclusivamente por masóns.

      • TENIDA COLECTIVA: Tenida masónica organizada solidariamente por varias Loxias.

      • TOQUE: Modo de recoñecerse os masóns, ó estreitárense as mans.

      • TRAZAR: Escribir.

      • TRIÁNGULO: Agrupación de tres Mestres Masóns.

      • TRONCO DA VIUDA (o de Beneficencia): Bolsa na que, ó remate de cada Tenida, os masóns depositan óbolos para as obras de beneficencia da Loxia.

      • TRONO DE SALOMÓN: Nome dado ó sitio reservado no Templo ó Venerable Mestre.

    • V

      • VAL: Nome dado á cidade na que reside un capítulo del grado 18.

      • VIAJES: Térmo aplicado ás deambulacións do candidato ó redor do Taller durante as probas de Iniciación.

      • V.I.T.R.I.O.L.: Visita Interiora Terrae. Rectificando Invenies Occultum Lapidem ("Visita ó interior da Terra. Ó rectificar encontrarás a Pedra agachada"). No Rito Escocés Antigo e Aceptado, esta inscripción figura no muro do gabinete de Reflexión.

      • VOLÚMEN DA LEI SAGRADA: E a 1ª. das Tres Grandes Luces da Masonería. Libro, normalmente adoita ser a Biblia aberta no evanxelio de San Xoan, ante o que os masóns prestan xuramento de fidelidade.

    • X

      • XURAMENTO: Promesa, obriga.

       


       

  • VOCABULARIO MASÓNICO-ALQUÍMICO

    • A

      • ARQUITECTO: Constructor e Alquimista do Templo de Salomón.

    • C

      • CÁBALA: Soporte da Tradición. Esconde a través da analoxía fonética os diversos significados.

      • CAÍN: Fillo de Eva e da serpe. Os Seus descendentes son os cainitas, Fillos da "viuda". Segundo os Masóns, non descende de Adán, sinón de Samael.

      • CAINITA: Descendente de Caín.

      • CAPUT MORTUUM: Producto da Alquimia. É o Xofre en bruto. Tamén significa "cor negro" e "cachola morta".

    • H

      • HIRAM: Mestre ocultista da época de Salomón, descendente de Caín. É o símbolo da virilidade e tamén do Xofre alquímico.

    • K

      • KÁBALA: Sistema hebreo de numeración e lectura dos seus textos, que utilízase como chave para agachar outros documentos.

    • L

      • LUME: Símbolo de la pasión. Catalizador en Alquimia. Luz soar ou luar; lume de carbón, e tamén xofre ou mercurio nalgúns estados.

    • M

      • MELQUISEDEC: Primeiro Sumo Sacerdote. Pertence ó período prebíblico.

    • P

      • PALABRA: Mercurio Filosófico. Pedra Filosofal.

    • R

      • ROSACRUZ: Nome dunha organización esotérica actual. Na antigüidade quería dicir Alquimista e tamén "orballo cocido".

    • S

      • SALEM: Nome da cidade que, en hebreo, significa "Paz".

      • SALOMÓN: Rei xudeo que edificóu o Templo e, según os Masóns, a súa sabedoría, da que fixo gala, a tiña encerrada nun zafiro.

      • SAMAEL: Nome dun "ánxo do mal"; da serpe. Segundo o Catolicismo é o nome de Satán.

      •  

    • T

      • TEMPLO: De Salomón, ten tamén o significado de Templo da Sabedoría e que é o signo da "Grande Obra" dos Alquimistas. Ademáis, significa Sede da Sabedoría.

 


subir